Exame de altura para o Barcelona en Múnic
Exame de altura para o Barcelona en Múnic
Lewandowski xoga por primeira vez contra o seu exequipo e a que foi a súa afección durante oito temporadas
O Atlético xoga no campo do Leverkusen, que adestra o galego Gerardo Seoane
Este martes volve a Champions cunha segunda xornada da fase de grupos apaixonante. O prato estrela, o Bayern de Múnic - Barcelona.
Toda a atención recae no regreso de Lewandowski á que foi a súa casa durante oito temporadas. Os de Xavi chegan ao encontro nun gran momento, levan cinco vitorias consecutivas e a súa estrela, o internacional polaco, marcou xa, entre liga e Champions, nove goles.
O Bayern enlaza tres empates na Bundesliga. Con todo, Xavi ve moitas similitudes entre os dous equipos.
O Atlético enfróntase ao Bayer de Leverkusen que dirixe o galego Gerardo Seoane. Simeone deu a coñecer a convocatoria, da que cae o francés Lemar, que sofre unha forte contractura muscular, e na que entra o gardameta Oblak, suplente ante o Celta.