Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Liga traballa para a disolución da Fronte Atlética

A Liga traballa para a disolución da Fronte Atlética

Recoñoceuno o seu presidente, Javier Tebas, nunha conferencia: "Levan un historial polo que merecen desaparecer"

G24.gal 21/10/2024 21:17

O presidente da Liga, Javier Tebas, asegurou que traballa para que se disolva xudicialmente a Fronte Atlética e evitou xulgar o que faga o Atlético de Madrid ao respecto, mentres reclamou máis competencias sancionadoras para o seu organismo e medidas para identificar aos violentos como poden ser os tornos biométricos. 

"Non vou falar de se a sanción ao Atlético é dabondo. O que vou dicir é que nós estamos traballando para que se disolva xudicialmente a Fronte Atlética. Que haxa sempre seareiros nesa bancada pero que non exista como organización", asegurou Tebas. 

O presidente da Liga sinalou que "xa levan un historial de actos polo que merecen a disolución. Non se pode dicir cantos son os verdadeiramente conflitivos pero no entorno hai moita xente que co silencio ou ríndose das actuacións que fan son cómplices", dixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar