Cargando resultados...
Exporpymes promove na Coruña produtos galegos con importadores de máis de 20 países
Exporpymes promove na Coruña produtos galegos con importadores de máis de 20 países
Empresas galegas do sector agroalimentario e de bebidas buscan nesta feira clientes no exterior
G24.gal
08/10/2024 14:42
A Coruña acolleu a XI edición de Exporpymes, un evento empresarial da Cámara de Comercio herculina centrado este ano en pequenas empresas galegas do sector agroalimentario e de bebidas que buscan clientes no exterior.
O director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo, explicou que se trata dunha "misión comercial inversa. Traemos importadores de 25 países de tres continentes. Máis de medio cento de importadores e poñémolos en contacto con estas pequenas empresas galegas e que queren diversificar a súa comercialización".
No evento celebrouse un foro de agronegocios coa África subsahariana.