Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o cineasta Jean-Luc Godard, pai da Nouvelle Vage

Falece o cineasta Jean-Luc Godard, pai da Nouvelle Vage

Xunto con Éric Rohmer ou François Truffaut foi un dos fundadores do movemento que revolucionou o cinema europeo de mediados do século XX

G24.gal 13/09/2022 11:13 Última actualización 13/09/2022 12:17

O cineasta franco-suízo Jean-Luc Godard, un dos pais da Nouvelle Vague, morreu este martes aos 91 anos, anunciou o diario Libération, que cita fontes dos seus achegados. A información non detalla as causas do falecemento.

Godard, nacido en París en decembro de 1930, comezou no mundo do cinema como crítico na década de 1950 en varias revistas especializadas.

En paralelo, empezou a rodar algunhas películas curtas, nas que tivo como colaboradores a outros mozos como Éric Rohmer ou François Truffaut, que crearían o que se coñecería como a Nouvelle Vague.

Pero foi 'À bout de souffle' ('Ao final da escapada') en 1959, con Jean Seberg e Jean-Paul Belmondo como protagonistas, o filme que lle lanzou á fama para converterse nunha das obras fundadoras deste movemento.

Jean-Luc Godard en Berkeley, 1968 (Autor: Gary Stevens) Jean-Luc Godard en Berkeley, 1968 (Autor: Gary Stevens)

Foi sempre moi respectado polos críticos e os seus actores, e un habitual nas candidaturas a premios cinematográficos. Desde mediados dos 60 o seu cinema fíxose máis político e experimental.

Entre os premios que recibiu destacan un Óscar honorario, unha Palma de Ouro especial e dous César de honra franceses, galardóns que renderon homenaxe a unha carreira moi especial.

Godard traballou cos mellores actores da época, como Belmondo, Alain Delon, Eddie Constantine, Jean-Pierre Léaud ou Anna Karina, a súa musa durante a primeira metade dos anos 60 e coa que estivo casado durante algúns anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade