Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familias foráneas rexuvenecen o censo de Vilariño de Conso

Familias foráneas rexuvenecen o censo de Vilariño de Conso

Nos últimos anos, unha decena de familias, algunhas con fillos, mudáronse a este concello do Macizo Central

G24.gal 11/04/2023 14:44

Mar está preparando o título de Galego. Outros alumnos son, coma ela, veciños novos de Vilariño de Conso, que chegaron aquí fuxindo das grandes cidades.

"Veño da serra de Madrid. Estaba traballando nun colexio moi grande, de mestra, e estaba moi estresada", di Mar del Castillo Ares, que leva un ano e medio en Vilariño.

A agricultura e, sobre todo, a gandería de cabra e ovella son as principais saídas laborais. Os veciños de aquí, unha poboación avellentada como na maior parte do rural ourensán, foron abandonando a actividade, que agora retoman os de fóra.

"Aquí o que podes ver é moita biodiversidade, paisaxe impresionante, campo coidado...", explica Sandra Barros, que se dedica á cría de ovellas.

O primeiro paso cara á repoboación de Vilariño foi para salvar a escola unitaria, hai xa unha década. Daqueles primeiros repoboadores quedan poucos, pero foron vindo outros e a escola segue aberta.

"Vaise incrementando a natalidade pouco a pouco, con estas familias e coas orixinarias de aquí. Hai moitos anos que non había nacementos e nestes últimos tivemos un índice de nacementos para nós salientable", relata Melisa Macía Domínguez, alcaldesa de Vilariño de Conso.

A extensión do verde, monte autóctono e aldeas esparexidas nunha paisaxe inmensa son os principais atractivos deste concello de apenas medio milleiro de habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos