Feijóo clausura a intermunicipal do PP e pide maiorías contundentes nas eleccións locais
Feijóo clausura a intermunicipal do PP e pide maiorías contundentes nas eleccións locais
Acusou a Sánchez de responsabilizar unha ministra dos erros da lei do "só si é si"
Aznar e Rajoy acompañaron a Feijóo e os candidatos populares de Valencia
O presidente do Partido Popular, Aberto Núñez Feijóo, clausurou a vixésimo sexta intermunicipal, nun acto en que volveu contar co apoio do expresidentes José María Aznar e Mariano Rajoy.
Tras as intervencións da candidata á alcaldía de Valencia, e do aspirante a presidir o goberno da comunidade, Feijóo pediulles a todos os candidatos das próximas eleccións de maio que traballen para conseguir maiorías contundentes como as conseguidas, dixo, polos seus predecesores e as obtidas por el mesmo en Galicia.
"Porque ao final o pobo ten a quen pedirlle responsabilidades porque el é o elixido polo pobo para dar a cara e tomar decisións todos os días e para dicir que é que os meus socios non me deixan gobernar, se non o deixan gobernar váiase".
O presidente dos populares acusou a Pedro Sánchez de ocuparse máis de Feijóo que de España. Tamén se referiu á reforma da lei do "só si é si".
"E agora resulta que todo o Goberno sinala unha ministra cando a responsabilidade é do presidente non dunha ministra de 22, é do presidente"
A interpretación dos himnos valenciano e español puxo fin a esta convención municipal do PP.