Feijóo anima os aspirantes á alcaldía a buscar os votos prestados a Sánchez
Feijóo anima os aspirantes á alcaldía a buscar os votos prestados a Sánchez
O PP reúne en Madrid os 50 candidatos a alcaldes das capitais de provincia
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, reuniu en Madrid os 50 candidatos das capitais de provincia que o partido presentará ás eleccións do próximo 28 de maio.
O candidato á alcaldía de Madrid, Martínez Almeida, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, como anfitrioa, acompañaron o presidente do Partido Popular neste acto de presentación dos 50 candidatos ás capitais de provincia.
A alcaldesa de Los LLanos de Ariadne, nas Canarias, foi a elixida para abrir o acto pola súa xestión tras a erupción do volcán da Palma.
Despois viñeron as intervencións, limitadas a 59 segundos, do resto dos alcaldables, incluídos os galegos, o coruñés, Miguel Lorenzo, a luguesa Elena Candia, o ourensán Manuel Cabezas, e o pontevedrés Rafael Domínguez.
Incorporacións
Entre as incorporacións destaca a do candidato á alcaldía de Badaxoz, que hai catro anos se presentou por Ciudadanos e agora polo PP, e o antigo militante de UPN, que buscará ser alcalde de Pamplona.
Todos concorren a uns comicios que o PP equipara a unha moción de censura contra Sánchez.
Na súa intervención, o presidente do PP animou os candidatos a saír á rúa para recuperar os votos prestados a Sánchez.
"Esta vez non vai haber voto prestado a Sánchez a través dos seus candidatos á alcaldía porque non o merece (...). Saiamos a gañar con argumentos, non a vencer, a convencer e o que non estea convencido que se vaia a outro partido, o dos que pactan con todos"
O acto finalizou coa foto de familia dos candidatos.