Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo defende en Roma a política migratoria de Meloni fronte a Sánchez: "Tivo bos resultados e España non"

Feijóo defende en Roma a política migratoria de Meloni fronte a Sánchez: "Tivo bos resultados e España non"

O lider do PP di que a loita contra a migración irregular "non é un asunto ideolóxico", senón de Estado, e que a principal diferenza non é entre partidos, senón "entre políticos que cumpren as súas obrigas e son responsables, e políticos irresponsables"

Núñez Feijóo reuniuse en Roma coa primeira ministra italiana, Giorgia Meloni (Efe/Goberno de Italia) Núñez Feijóo reuniuse en Roma coa primeira ministra italiana, Giorgia Meloni (Efe/Goberno de Italia)
G24.gal 19/09/2024 15:58

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves en Roma a política migratoria da primeira ministra de Italia, Giorgia Meloni, e os seus "bos resultados" fronte á do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

"Vostedes lembrarán que en abril do ano 2023 o primeiro ministro español, o señor Sánchez, veu visitar á presidenta do Consello de Ministros de Italia, a señora Giorgia Meloni, e dixo textualmente que o goberno italiano e o goberno español tiñan intereses aliñados en materia migratoria. Que é o que pasou desde abril do 23 ata o de agora? Que Italia traballou e tivo bos resultados para parar o tráfico de persoas e España non traballou e hoxe é o país con maior presión migratoria irregular da Unión Europea", asegurou Feijóo nunha comparecencia en Roma, tras reunirse coa primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, e o vicepresidente e ministro de Exteriores italiano, Antonio Tajani, dentro da súa xira para buscar unha "alianza europea" contra a inmigración ilegal.

O líder dos populares destacou que desde o PP van seguir sendo "absolutamente respectuosos" coa migración regular, coas persoas que chegan aos países da Unión Europea a traballar "cun contrato de traballo" e "que acepta a normativa e as normas do país no que vai traballar".

Tamén indicou que van ser "contundentes" en evitar que as mafias que trafican con persoas poidan utilizar a esas persoas "para facer negocio e incentivar a migración irregular". "E por iso tiven interese en coñecelas propostas do goberno de Giorgia Meloni. Por unha razón, porque no último ano en Italia diminuíron o número de inmigrantes irregulares un 60 % e no meu país aumentou un 60 %. A política migratoria en Italia funciona e no meu país non", subliñou.

Neste sentido, Feijóo recalcou que a loita contra a migración irregular "non é un asunto ideolóxico", senón de Estado, e que a principal diferenza non é entre partidos, senón "entre políticos que cumpren as súas obrigas e son responsables, e políticos irresponsables que lle botan a culpa sempre aos demais do que ocorre no seu país". Así mesmo, explicou que hai "numerosos" primeiros ministros na Unión Europea que coinciden no diagnóstico da migración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade