Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo e Casado cualifican a Calviño como a peor ministra de Economía da historia

Feijóo e Casado cualifican a Calviño como a peor ministra de Economía da historia

Feijóo cuestionou o que fan por Galicia tanto Calviño como Díaz

G24.gal 17/12/2021 19:18

O presidente do PP, Pablo Casado, criticou con dureza a Nadia Calviño pola sucesión de informes que desautorizan as súas previsións de crecemento económico e cualificouna como a peor ministra de economía de toda Europa. No mesmo acto, Alberto Núñez Feijóo, cuestionaba o que fan por Galicia tanto Calviño como a vicepresidenta segunda Yolanda Díaz.

O presidente do PP pediu en Abegondo o cesamento da vicepresidenta primeira do Goberno por defraudar impostos na compra da súa casa, mediante unha sociedade instrumental, e máis por ser a ministra de economía máis incompetente da historia de España.

"A señora Calviño é a peor ministra de economía de toda a Unión Europea, díxoo esta semana a OCDE, somos o país que peor leva a recuperación económica. Díxoo o FMI hai pouco, somos o país que peor cifra de paro vai ter a parir de xaneiro, por riba de Grecia", asegurou Casado

O presidente dos populares galegos criticou á vicepresidenta primeira e mais á segunda, coruñesas as dúas, observou, pero de pouco beneficio para Galicia.

"A provincia da Coruña pode dar moi bos políticos e políticos menos bos; porque non soamente din que hai unha vicepresidenta da Coruña, hai dúas, a primeira e a segunda. A verdade é que coma estas vicepresidentas non precisabamos ningunha. Por tanto, espero e desexo que cando volva haber ministros da provincia da Coruña sexan ministros que fagan algo pola provincia da Coruña", dicía Feijóo.

Feijóo laia que Pedro Sánchez goberne España co apoio de partidos que non cren nela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos