Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival Azul de Vigo achega o mundo do mar á poboación

O Festival Azul de Vigo achega o mundo do mar á poboación

Ofreceu bautismos de vela, paseos polo interior da ría, rutas ou obradoiros para todas as idades

G24.gal 27/10/2024 14:14 Última actualización 27/10/2024 16:53

O Cluster Náutico Rías Baixas organizou estes días en Vigo o Festival Azul co obxectivo de achegar o mar á cidadanía. 

Durante tres xornadas, ofreceu actividades náutico-deportivas, turísticas, gastronómicas, educativas e culturais para todas as idades.

Houbo bautismos de vela e surf, para coñecer estas disciplinas; cruceiros pola ría para contemplar un solpor; rutas das artes de pesca; observatorios submarinos ou obradoiros de algas.

Experiencias diversas de mergullo no medio mariño que, ás veces, semella estar máis lonxe do que está.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade