Artistas de Ourense e da súa contorna abren ao público as portas dos seus estudios
Artistas de Ourense e da súa contorna abren ao público as portas dos seus estudios
É unha iniciativa da asociación A Maquinadora, que pensan levar a outras cidades
O proxecto desenvolveuse na cidade das Burgas, Coles, Vilamarín e Amoeiro
Como se crean as ilustracións dun libro, que técnicas de revelado se empregan en fotografía, de que xeito se utiliza un tórculo ou cales son os materiais que se utilizan en pintura. Todo iso e máis puideron coñecer de primeira man os visitantes de Estudios Abertos, que se desenvolveu esta fin de semana en distintas zonas de Ourense.
"Que vexan como traballamos e saiban o que hai detrás.", Marta Dorribo, creativa.
"O máis curioso é ver como a xente pregunta polo que facemos.", Laura Tova, ilustradora.
É a primeira edición dun evento que pretende sacar á luz toda a arte que hai na cidade das Burgas e nos concellos lindeiros. E, para iso, ninguén mellor que os artistas explicando a súa obra e métodos.
"Para os asistentes é enriquecedor interactuar cos autores.", sinala Diana Casanova, da asociación A Maquinadora.
No proxecto conviven artistas profesionais con outros que só crean por vocación ou mesmo con iniciativas comunitarias. E todos aprenden de todos.
"Eu son oleiro pero tamén me gusta aprender outras disciplinas.", Masakazu Shida, oleiro.
"Eu aprendín moito e coido que tamén ensinei.", David Gesto, creativo.
Agora xa traballan na vindeira edición, prevista para dentro dun ano.