Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo pide axuda a Europa para controlar a migración irregular

Feijóo pide axuda a Europa para controlar a migración irregular

O líder do PP di que a situación das Canarias é "límite"

Feijóo acusa o Goberno de "chegar tarde" a este debate

A inmigración centra o debate do Partido Popular Europeo en Cascais
G24.gal 03/07/2024 14:33

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, apela a axuda europea para controlar a inmigración irregular, un asunto no que considera que o Goberno de España "chega moi tarde" e defende unha resposta a nivel comunitario.

"Estou preocupado polo aumento de inmigrantes irregulares no meu país nos últimos anos e especialmente nos últimos tempos", dixo Feijóo durante as xornadas do Partido Popular Europeo, que se están a celebrar na localidade portuguesa de Cascais. 

O presidente do PP sostén que España é o segundo país da Unión Europea con máis inmigrantes extracomunitarios e alertou de que a situación "dos menores non acompañados, é só a punta do iceberg" dun debate que o executivo "leva meses aprazando".  

Segundo Feijóo, a situación nas Canarias é "limite", e tomar medidas diferentes en España das que se toman noutros países con éxito "pode derivar, e deriva, nun efecto chamada para este verán" do que, dixo, "quéroos alertar". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade