Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pamplona dá comezo ás festas de San Fermín co tradicional chupinazo

Pamplona dá comezo ás festas de San Fermín co tradicional chupinazo

Este ano, o lanzamento do foguete tocoulles aos Dantzaris de Pamplona

Celebra a capital navarra entre o 6 e o 14 de xuño unha das festas máis multitudinarias do mundo

A praza do concello de Pamplona, ateigada no chupinazo 2024
G24.gal 06/07/2024 12:54

Foi o terceiro chupinazo pasado por auga en Pamplona. Diluviaba na cidade desde o venres pola noite pero a situación non acovardou os pamploneses e visitantes que encheron a praza do concello e rúas adxacentes.

Foron 366 días de espera, pero para as que para algúns son as mellores festas do mundo, xa están aquí.

O lanzamento do chupinazo é punto de partida de nove días e nove noites de festa na capital navarra. O San Fermín é moito máis que festa.

Unha marea branca e vermella toma as rúas. No programa de actos hai máis de medio cento de actividades preparadas: o prato forte son os encerros, pero tamén hai concertos, música na rúa, fogos artificiais e actividades moi diversas.

Todos os presentes na praza corearon o de "pamploneses, pamplonesas, viva San Fermín!, Gora San Fermín!", para que a festa xa se desatase en Pamplona. Os Dantzaris de Pamplona, con 75 anos de traxectoria, emocionaron e alegraron as rúas da capital navarra neste comezo de San Fermín 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar