A Xunta propón como festivos en 2026 San Xosé, San Xoán e o 25 de xullo
O próximo ano caen en domingo o 1 de novembro e o 6 de decembro, polo que a Xunta propón substituílos polo de 19 marzo e o 24 de xuño
A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo
Galicia terá o 19 de marzo, día de San Xosé; o 24 de xuño, San Xoán, e o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, como festivos autonómicos para o próximo ano, segundo a proposta de calendario laboral aprobada este luns polo Consello de la Xunta.
A normativa estatal establece 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio, das que dúas son elixidas por cada concello. Dos outros 12 festivos restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.
O próximo ano caen en domingo o 1 de novembro e o 6 de decembro, polo que a Xunta propón substituílos polo de 19 marzo e o 24 de xuño.
A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.
Por tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2026 serán:
· Aninovo (1 de xaneiro)
· Día de Reis (6 de xaneiro)
· San José (19 de marzo)
· Xoves Santo (2 de abril)
· Venres Santo (3 de abril),
· Festa do Traballo (1 de maio),
· San Xoán (24 de xuño),
· Día de Galicia (25 de xullo),
· Asunción da Virxe (15 de agosto),
· Festa Nacional de España (12 de outubro),
· Inmaculada Concepción (8 de decembro)
· Nadal (25 de decembro).
·Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.
A proposta da Xunta será trasladada ao Consello Galego de Relacións Laborais antes da súa aprobación definitiva.