O PSOE cre que Begoña Gómez sofre unha "gravísima indefensión" mentres o PP a acusa de obstaculizar a xustiza
O PSOE cre que Begoña Gómez sofre unha "gravísima indefensión" mentres o PP a acusa de obstaculizar a xustiza
O PSOE cre que Begoña Gómez sofre unha "gravísima indefensión" mentres o PP a acusa de obstaculizar a xustiza
O círculo próximo a Pedro Sánchez asegura estar "tranquilo" ante o que cualifican de denuncia "falsa"
O círculo próximo a Pedro Sánchez asegura estar tranquilo. A voceira do Goberno, Pilar Alegría, xustificaba hoxe a súa "máxima tranquilidade" porque consideran que se trata dunha denuncia "falsa" e que "non hai nada, absolutamente nada" que a xustifique. Aínda así, cualifica de "incomprensible" a actuación do xuíz.
Para Félix Bolaños, ministro de Xustiza, hoxe quedou patente "a gravísima indefensión que está sufrindo Begoña Gómez, que nin sabe de que se lle acusa, algo normal porque non hai nada de que acusala". Na súa opinión, "é tan clara a indefensión que está sufrindo Begoña Gómez, é tan claro que non hai nada de nada, que se este proceso xudicial continúa, será lóxico que os cidadáns se pregunten por que se prolonga innecesariamente e que se pretende".
Dende o PP aféanlle a Begoña Gómez que non declarase este venres. Para o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, "non é crible nun estado de dereito que a escusa sexa que non sabe que se lle imputa" xa que "un cando vai a un xulgado sabe perfectamente cales son os feitos que se están investigando, cal é a condición á que acode ao xulgado e, polo tanto, isto é a venda antes da ferida".
A vicesecretaria do PP, Ester Muñoz, cre que o Goberno "está intentando tapar o que toda España está vendo e estano facendo de forma lamentable". Considera, ademais, que "só quen ten algo que ocultar se intenta agochar". A dirección do PP esíxelle a Pedro Sánchez que asuma responsabilidades políticas pola investigación á súa muller.