Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior sinala que polo momento o rexistro de viaxeiros seguirá como ata agora

Interior sinala que polo momento o rexistro de viaxeiros seguirá como ata agora

O Ministerio pospón, tras reunirse co sector hoteleiro, a esixencia de pedir máis datos aos clientes

Imaxe de arquivo (Europa Press / Ashotel)
G24.gal 04/10/2024 20:04 Última actualización 04/10/2024 20:54

Tras unha reunión con representantes do sector turístico este venres, o Ministerio do Interior decidiu non aumentar polo momento a cantidade de datos solicitados nos rexistros de viaxeiros nos hoteis, algo que estaba establecido nun real decreto. A norma poñerase en funcionamento o próximo 2 de decembro, pero de maneira parcial, polo que de momento non haberá que dar máis datos.

Fontes do Interior sinalaron que a partir da entrada en vigor na nova norma, as empresas hostaleiras ou de alugueiro de vehículo "deberán transmitir á aplicación 'ses.hospedaxes' aqueles datos que xa soliciten de maneira habitual no exercicio da súa actividade", o que quere dicir que se pospón o aumento de datos que hai que solicitar.

Nun principio o real decreto 933/2021, de 26 de outubro, incluía novos datos a ofrecer como o teléfono móbil ou a relación de parentesco entre os viaxeiros en caso de haber menores. Isto provocou moitas críticas entre o sector hostaleiro e a poboación, que cuestionaron se isto podería atentar contra a privacidade dos usuarios. Con todo, finalmente non será necesario facilitar estes datos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade