Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz Pedraz cita os exnúmero dous de Interior e da Policía por espionaxe a Podemos

O xuíz Pedraz cita os exnúmero dous de Interior e da Policía por espionaxe a Podemos

Tamén están citados outros catro mandos policiais acusados todos de investigacións sen control xudicial a membros de Unidas Podemos

G24.gal 04/10/2024 16:22 Última actualización 04/10/2024 16:51

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz citou como imputados o exsecretario de Estado de Seguridade Francisco Martínez, o exnúmero dous da Policía Eugenio Pino e outros catro mandos policiais por presuntas investigacións sen control xudicial a membros de Unidas Podemos en 2015 e 2016.

O maxistrado cita para o 28 de outubro a Francisco Martínez e ao comisario Enrique García Castaño, ao día seguinte a Eugenio Pino e ao inspector José Ángel Fuentes Gago, mentres que o 6 de novembro foron chamados a comparecer os comisarios Andrés Gómez Gordo e Germán Rodríguez Castiñeira.

No seu escrito, o instrutor admite, ademais, a práctica das testificais solicitadas por Podemos para o esclarecemento dos feitos e indica que quedan pendentes de sinalar segundo a dispoñibilidade do calendario do xulgado

O titular do Xulgado Central de Instrución 5 adoptou esta decisión despois de que este verán a Audiencia Nacional avalase esta investigación ao rexeitar o recurso de Martínez contra a admisión dunha querela de Podemos polas presuntas investigacións prospectivas e alleas ao control xudicial sobre determinadas persoas que conformaban aquela organización política cando gobernaba o PP.

No seu recurso, Martínez sinalaba que non debía admitirse a trámite a querela ao basearse en vinte e tres conversacións mantidas por WhatsApp que foron obtidas no marco do caso Kitchen, a presunta espionaxe ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas e á súa familia, polo que está pendente de xuízo xunto ao exministro do Interior Jorge Fernández Díaz, do mesmo xeito que gran parte dos imputados nesta nova causa.

Segundo a Sala do Penal, a querela non só se basea nos chats mencionados senón tamén nos outros documentos achegados pola querelante e en noticias publicadas en medios de comunicación.

O maxistrado excluíu con todo da causa ao exministro Fernández Díaz ao non ver indicios suficientes contra el, aínda que acordou investigar a Martínez e ao ex director adxunto operativo (DAO) da Policía Eugenio Pino, entre outros.

Martínez denunciou ademais nun escrito ao xuíz a falta de "rigor" da Unidade de Asuntos Internos da Policía no seu oficio sobre as consultas desde bases de datos policiais a 55 deputados de Unidas Podemos entre 2015 e 2016, entre os que se incluíu a Yolanda Díaz (agora en Sumar).

O ex secretario de Estado de Interior apuntaba que das procuras en bases de datos policiais achegadas ao xulgado, "ducias" non se corresponden coa identidade de integrantes da formación violeta, senón coa doutros cidadáns con nomes iguais ou similares.

Entre as últimas dilixencias, o xuíz acordou pedir á Unidade de Asuntos Internos da Policía que informe sobre as razóns e motivos polos que se efectuaron as procuras ou acceso ás bases de datos policiais respecto destes deputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade