Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez retoma o debate sobre o financiamento autonómico cos presidentes das comunidades

Sánchez retoma o debate sobre o financiamento autonómico cos presidentes das comunidades

Este venres recibe na Moncloa os presidentes de Murcia, Comunidade Valenciana e Castela-A Mancha

G24.gal 04/10/2024 14:52

Este venres acoden á Moncloa os presidentes das comunidades autónomas máis infrafinanciadas. Por iso, a reforma do sistema centra as conversas.

O de Murcia, como o resto do PP, volveu rexeitar ante Pedro Sánchez o pacto asinado con ERC. 
Fernando López Miras transmitiulle ao presidente do Goberno a súa "preocupación" e "rexeitamento a que se nos trate de forma desigual e a que se rompa o principio de solidariedade", extremo que lle negou Sánchez. "A verdade é que o vexo imposible", apuntou o murciano na posterior conferencia de prensa.

López Miras pide unha reforma "urxente" do sistema, pero, mentres non chega, reclama un fondo transitorio que compense o infrafinanciamento.

Para o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, é"unha contradición que haxa presidentes que pidan máis fondos a outra administración e deixan de ingresar centos de millóns de euros ao ano porque retiran impostos ás rendas altas".

O choque en materia económica continúa. O líder do PP aféalle ao Goberno que non presentase aínda os presupostos. Para Alberto Núñez Feijóo, "non se lexisla en España, (...) nin sequera no primeiro ano da lexislatura se foi capaz, xa non de aprobar o presuposto, senón de presentalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade