Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feridas dúas persoas nunha colisión entre un camión e un turismo en Rianxo

Feridas dúas persoas nunha colisión entre un camión e un turismo en Rianxo

Segundo informou o Consorcio Provincial de Bombeiros, o accidente produciuse na autovía AG-11, á altura do punto quilométrico 11, pouco antes das 08:00 horas

G24.gal 25/11/2024 11:21

Os servizos de emerxencias acudiron este luns a un accidente entre un camión e un turismo na localidade coruñesa de Rianxo e no que resultaron feridas as persoas implicadas.

Segundo informou o Consorcio Provincial de Bombeiros, o accidente produciuse na autovía AG-11, á altura do punto quilométrico 11, pouco antes das 08.00 horas.

A incidencia, tal e como detallaron, consistiu na colisión entre un turismo e un camión.

No operativo participaron tamén profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Local e axentes da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade