Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferreras: "Sempre convivo coa sensación de incerteza no banco"

Ferreras: "Sempre convivo coa sensación de incerteza no banco"

Destacou o traballo realizado por Rocío Candal á fronte da dirección deportiva

G24.gal 27/07/2023 12:57 Última actualización 27/07/2023 13:03

O Deportivo Abanca xa está en marcha tamén para afrontar unha tempada na que buscará o ascenso despois do pau duro de quedar a un gol ata en dúas ocasións o pasado curso.

Continúa á fronte do banco Irene Ferreras, que deixou as súas sensacións tras o regreso ao traballo comentando, como era inevitable, a sorprendente saída de Rocío Candal despois de confeccionar o equipo:

"Tiven moi boa sintonía con ela. O único que teño que dicirlle é un grazas enorme. Confiou en min para que estivese aquí e confiou en min no día a día para que puidese exercer de adestradora de maneira cómoda e confortable. Confiaba no meu traballo e tiñamos unha idea similar en moitas cousas".

Referiuse tamén á incerteza polo seu posto:

"Eu sempre convivo con esa sensación. Os que nos dedicamos ao fútbol temos que ter claro que cada día que vas traballar, tes que aproveitalo ao máximo. Coa sensación de que vives un privilexio, ao que che apaixona. Foron uns días de incerteza ata que se sitúa todo e non sabes a quen dirixirche, como traballar… pero pasados eses días, comunícanme que confían en min para continuar, que entenden que o traballo foi bo e que imos remar para conseguir ese pouco que faltou".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade