Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festival Bal y Gay: 3.500 persoas gozan da música clásica na Mariña

Festival Bal y Gay: 3.500 persoas gozan da música clásica na Mariña

O mércores 24 de agosto remata co concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia  

G24.gal 23/08/2022 21:29

A música clásica de calidade ten o seu recuncho galego na Mariña onde o Festival Gal y Bay vai pola novena edición, colleitando éxitos.

En concreto desde 2014, ano da primeira edición dun festival que promove a asociación que leva o mesmo nome do musicólogo galego Xesús Bal y Gay.

Desde aquela, a segunda quincena de agosto en Galicia ten nome do músico e dos mellores intérpretes que se achegan á Mariña para promocionar a formación musical clásica e vivir experiencias artísticas e, como non, facer turismo xa que música e historia son só unha parte do evento onde se desfruta tamén do patrimonio da zona, a paisaxe e a gastronomía.

Igrexas como San Martiño de Foz, onde este martes resoaron os acordes do Cuarteto Quiroga, e outros edificios históricos de Mondoñedo, Cervo ou Viveiro son escenarios máxicos das actuacións.

Calculan que en total 3.500 persoas gozarán do festival Bal y Gay que actúa como un potente atractivo turístico da Mariña.

A maior parte das entradas desta novena edición, entre os 12 e os 15 euros, esgotáronse en canto se puxeron á venda hai dous meses.

O festival remata o mércores coa actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia na catedral de Mondoñedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade