Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cribado masivo en Forcarei, o concello pontevedrés con maior incidencia

Cribado masivo en Forcarei, o concello pontevedrés con maior incidencia

A repunta de casos iniciouse nunha residencia de maiores

Centro de saúde de Forcarei
G24.gal 19/11/2021 15:12

Os veciños de Forcarei falan con resignación, volven estar no foco informativo. Na residencia de maiores foi onde se detectaron os primeiros casos, os que deron a voz de alarma. Isto foi hai 15 días e dende entón non pararon de medrar sobre todo nos últimos 7 días, con 16 novos positivos.

Desta volta hai unha diferenza co que ocorreu hai un ano, cando tamén tiñan a incidencia disparada. Agora todos os positivos están vacinados e con síntomas moi leves, asegura a alcaldesa, Verónica Pichel quen anima a todos os veciños a participar no cribado para poder controlar a situación.

Están convocados 1.600 veciños de entre 40 e 75 anos e vaise realizar no centro de saúde e non no hospital de Pontevedra, como se anunciou nun principio.

Con 726 casos por cada cen mil habitantes, Forcarei é o concello da provincia de Pontevedra coa maior incidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade