Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia e o Reino Unido queren dinamizar a súa relación coa visita de Carlos III

Francia e o Reino Unido queren dinamizar a súa relación coa visita de Carlos III

Buscan reforzar os vínculos históricos entre ambos países tras uns anos de tensións polo brexit ou a inmigración

Prevista para marzo, foi aprazada polas protestas que daquela había en Francia contra a reforma das pensións

G24.gal 19/09/2023 18:11 Última actualización 19/09/2023 18:31

A visita de Estado de tres días que os reis británicos, Carlos e Camila, inician este mércores a Francia busca resaltar a amizade e os vínculos históricos entre ambos países, tras uns anos de tensións polo brexit ou a inmigración. Tres xornadas para falar de patrimonio, da ecoloxía ou da biodiversidade. 

Prevista para marzo, ía ser de forma simbólica a primeira visita de Estado de Carlos III tras a súa chegada ao trono o ano pasado, pero foi aprazada polas protestas que entón dominaban Francia contra a reforma das pensións.

Os gobernos francés e británico si puideron celebrar un cumio bilateral o 10 de marzo que mellorou o ton da relación bilateral. Ademais en 2024 os dous países celebrarán o 120 aniversario da súa alianza coñecida como Acordo Cordiale e o 80 aniversario do Desembarco de Normandía.

Todo iso forma parte dun esforzo para avanzar nas relacións despois de varios desencontros nos últimos anos onde buscan salientar "os vínculos de amizade e confianza" entre o presidente Emmanuel Macron e Carlos III, segundo fontes do Elisio.

A visita dos reis británicos comezará no Arco de Triunfo de París, onde Carlos III participará nunha cerimonia ante a tumba do soldado descoñecido, un combatente da I Guerra Mundial, en que ambos os países combateron xuntos.

Despois, o monarca e o presidente baixarán xuntos en automóbil pola avenida dos Campos Elisios ata o Palacio do Elisio, onde manterán unha reunión privada.

Nesa xuntanza abordarán cuestións como os retos da biodiversidade e o cambio climático, a relación bilateral ou grandes crises internacionais como a guerra de Ucraína, avanzou o Elisio. 

A xornada concluirá cunha cea de gala no Palacio de Versalles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade