Francia, pendente do debate entre Macron e Le Pen
Francia, pendente do debate entre Macron e Le Pen
O próximo día 24, Emmanuel Macron será reelixido presidente de Francia.
O liberal conservador Emmanuel Macron e a ultradereitista antiinmigración Marine Le Pen enfrontaranse este mércores por segunda vez nun debate televisivo previo á segunda e decisiva volta das presidenciais francesas.
Macron confía en gañar de novo o único debate electoral con Marine Le Pen
Hai cinco anos gañou o debate o actual presidente Macron, segundo recoñeceu incluso a súa rival. Nesta ocasión os dous competidores chegan máis igualados, polo menos segundo as enquisas, que lle dan a vitoria a Macron, cun 54 por cento dos votos, fronte ao 46 que conseguiría Le Pen.
O destino dos votos esquerdistas de Melenchon será clave nesta segunda volta
A clave dos comicios presidenciais do próximo día 24 estará na distribución dos votos que conseguiron os dez aspirantes que non pasaron á segunda volta, especialmente a dos máis de sete millóns de apoios que conseguiu o esquerdista Jean Luc Melenchon.
O voto de castigo a Macron podería darlle a presidencia á ultradereita
Aínda que todos os candidatos, agás o ultradereitista Zemmour, lles pediron aos seus seguidores que voten a Macron ou que, polo menos, non voten a Marine Le Pen, os analistas políticos galos din que o voto de castigo a Macron podería permitir que a ultradereita chegue á presidencia de Francia.
Polo momento a campaña desenvólvese con normalidade, cun Macron compatibilizando os actos electorais coa presidencia da república, e unha Le Pen centrándose nas zonas pobres e brancas. E todo mentres nas rúas se suceden as manifestacións de rexeitamento á ultradereita coas de colectivos estudantís que rexeitan por igual a Macron e a Le Pen.