Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francisco Conde: "A lei de recursos naturais tramitarase o máis axiña posible"

Francisco Conde: "A lei de recursos naturais tramitarase o máis axiña posible"

O vicepresidente primeiro do Goberno galego destaca a utilidade da lei nun contexto de desenvolvemento de parques eólicos e o debate da eólica mariña

G24.gal 29/03/2023 08:28

O vicepresidente primeiro do Goberno galego, Francisco Conde, debullou detalles da nova lei de recursos naturais na que traballa o executivo, que xa comezou a súa tramitación no Consello da Xunta da semana pasada.

"Temos unha oportunidade en Galicia de desenvolver as enerxísa renovables vinculadas a Industria. A vinculación entre industria e sostibilidade, pero ese obxectivo ten que ter un impato positivo no territorio", afirmou Conde.

Agora ábrese unha etapa de diálogo con distintas administracións e actores privados na busca dese consenso para esa nova normativa, cun obxectivo claro, que os beneficios xerados polas renovables en Galicia revertan no noso territorio. 

"En Galicia temos proxectos, temos empresas que queren investir"

Francisco Conde pediulle ao novo ministro de Industria, Héctor Gómez, que acelere os fondos europeos para os proxectos industriais galegos. 

"Hai unha ralentización na execución dos fondos e hai proxectos que non están atopando unha resposta por parte do Goberno, e o que lle pedimos ao novo ministro é que garanta a igualdade de oportunidadas con outras comunidades que reciben axudas directas por parte do Goberno" esta última parte en referecia a Valencia e Cataluña.

Nos PERTE segue sen executarse o 70 % dos fondos comprometidos, para proxectos como o de Sentury nas Pontes consiste na construción dunha planta de pneumáticos de alto rendemento co obxectivo de alcanzar unha produción anual de 12 millóns de pneumáticos. Prevé un investimento de 531 millóns de euros e a creación de 750 empregos directos.

 

Do PERTE da automoción está pendente a segunda convocatoria, na que hai posibilidades de que se inclúan desta volta as necesidades de financiamento da planta de Stellantis en Vigo. 

"Estamos esperando que se poida concretar a tramitación da subestación de Novo Vigo. O prazo remata este venres e o que esperamos e que o Goberno cumpra os compromisos, tanto de fondos europeos como o da subestación para ter prezo eléctrico competitivo" segundo Conde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade