Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conde critica "a política impositiva" de aforro enerxético do Goberno

Conde critica "a política impositiva" de aforro enerxético do Goberno

Asegura que a Conferencia Sectorial de Enerxía non serviu para aclarar dúbidas e critica que non houbese "un mínimo diálogo" do Goberno

O vicepresidente primeiro culpa o executivo de cargar ás comunidades autónomas dos labores de inspección sen consultalo previamente con elas

G24.gal 09/08/2022 10:22 Última actualización 09/08/2022 11:11

O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, asegura que a Conferencia Sectorial de Enerxía non serviu para aclarar dúbidas. Critica que o Goberno central está desenvolvendo unha política impositiva e que non atende a un mínimo diálogo.

Dende a Xunta culpan o executivo de cargar as comunidades autónomas dos labores de inspección sen consultalo previamente con elas. Recalca que se trata de medidas improvisadas que van afectar directamente o comercio e o turismo.

Francisco Conde cualifica isto de "incomprensible" e lamenta que non haxa unha mínima colaboración institucional.
 
O vicepresidente sostén que a Xunta si trasladou propostas, pero que o Goberno central se nega a atendelas. Ademais, sinala que con estas medidas o Executivo pretende desviar a atención ante a tendencia inflacionista pola que está atravesando o país. Cualifica de fracaso a política enerxética e sostén que a prioridade deberían ser as familias e as pequenas e medianas empresas. 

Con todo, Francisco Conde anuncia que dende Galicia se cumprirán as medidas pero dialogando co sector para evitar a política de imposición. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos