Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia será un referente mundial en cuántica

Galicia será un referente mundial en cuántica

Fujitsu e a Xunta asinaron un acordo para pór en marcha un ordenador de case 14 millóns de euros

G24.gal 21/04/2023 14:33

O Centro de Computación de Galicia e a empresa Fujitsu Global asinaron un acordo para pór en marcha a finais deste ano un ordenador que fará de Galicia un referente mundial en cuántica.

O Cesga adquire a máquina por case 14 millóns de euros, parte deles sufragados con fondos europeos. Esta tecnoloxía dará resposta aos retos tecnolóxicos de empresas, universidades e redes de investigación galegas, que poderán facer uso dela a través do Cesga.

Francisco Conde di que o Cesga e Xunta están moi entusiasmados con este proxecto porque "somos conscientes da importancia que ten dar un salto cuántico e tecnolóxico para acompañar o noso tecido industrial". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos