Publicador de contidos
Publicador de contidos

Funcionarios e opositores de quenda libre protestan contra a "lei de interinos"

Funcionarios e opositores de quenda libre protestan contra a "lei de interinos"

Considérana un "agasallo" e unha "okupación" ilexítima de prazas fixas

G24.gal 15/01/2022 18:20

Funcionarios de carreira e opositores de quenda libre de toda Galicia concentráronse este sábado en Santiago contra a coñecida como "lei de interinos".

Na praza do Obradoiro mostraron pancartas contra o que consideran un "agasallo" e unha "okupación" ilexítima de prazas fixas. O colectivo admite que a temporalidade no sector público é un problema, pero cre que a lei vulnera o principio constitucional de igualdade porque os aspirantes non teñen que aprobar un exame.

Os membros desta plataforma reclaman que se celebren oposicións periódicas para cubrir as vacantes de funcionarios de carreira nas administracións públicas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade