Gabri Veiga vive as últimas horas como xogador do Celta
Gabri Veiga vive as últimas horas como xogador do Celta
Nápoles e o club vigués pechan os últimos detalles da negociación antes de que o xogador viaxe a Italia
O serial Gabri Veiga está nas últimas horas. A negociación entre clubs está a piques de rematar e o acordo co xogador xa está pechado desde hai máis dunha semana.
Faltan por precisar os flocos económicos. O traspaso estará en torno ás cifras que apuntamos a semana pasada. 35 millóns de euros e unhas variables e futuras porcentaxes que farán doado que se chegue aos 40 millóns que marca a súa cláusula.
Napoli are preparing documents with Celta Vigo for Gabri Veiga deal — also medical tests being scheduled 🔵🇪🇸
— Fabrizio Romano (@FabrizioRomano) August 18, 2023
Napoli want Gabri to arrive in Italy by the end of the week, if all goes to plan.
Deal agreed as revealed earlier today: €36m package, here we go confirmed. pic.twitter.com/AVgF58z2Dh