Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia volve bater récord de exportacións en 2024 ao crecer un 3,3 %

Galicia volve bater récord de exportacións en 2024 ao crecer un 3,3 %

Os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística sitúan o incremento das exportacións galegas moi por encima do rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España creceron un 0,2 %

Colectores no porto de Vigo Colectores no porto de Vigo
G24.gal 17/02/2025 12:30

Galicia volveu bater récord de exportacións en 2024, tras superar por primeira vez os 30.000 millóns en 2023, incrementando un 3,3 % as vendas ao exterior, ata 31.019 millóns de euros.

Así se desprende dos datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que sitúan o incremento das exportacións galegas moi por encima do rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España creceron un 0,2 %, con 384.464 millóns.

Os produtos que máis influíron no comportamento positivo das exportacións en Galicia foron os vehículos automóbiles, tractores, así como os produtos non clasificados e as pezas de vestir, de punto. As influencias máis negativas corresponden ás manufacturas de fundición, ferro/aceiro.

Só en decembro, as exportacións galegas subiron un 5,6 %, con máis de 2.502 millóns de euros, grazas tamén ás pezas de vestir, a aparellos eléctricos ou a outros produtos químicos.

Pola súa banda, en 2024 as importacións galegas mantivéronse estables nos 20.909.805, permitindo a Galicia ter un saldo positivo de máis de 10.110 millóns de euros. Así, os aparellos e materiais eléctricos e os automóbiles foron os produtos con maior contribución negativa ás importacións galegas no conxunto do ano pasado, mentres que os combustibles e os aceites minerais foron os que influíron máis positivamente. En decembro, as importacións subiron un 3 %, con 1.753 millóns.

A nivel nacional, as importacións aumentaron un 0,1 % en 2024, ata 424.740 millóns. O saldo do total de España é negativo de -40.275 millóns.

Sobre as exportacións galegas falou o presidente da Xunta. Alfonso Rueda cre que os datos demostran a boa marcha de moitos sectores da economía galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos