As exportacións a Iberoamérica, unha tarefa pendente, por Venancio Salcines
OPINIÓN
As exportacións a Iberoamérica, unha tarefa pendente, por Venancio Salcines
Galicia é potencia exportadora, Pontevedra é a cuarta provincia exportadora, superada, nesta orde, por Barcelona, Madrid e Valencia. A Coruña é a sétima, superada polas anteriores e mais Murcia, Zaragoza. En todo caso, Galicia está o mesmo nivel que o País Vasco, e só superada por Cataluña, Madrid, Andalucía e Comunidade Valenciana.
Non se entende o desenvolvemento económico de Galicia dos últimos corenta anos sen o seu sector exportador. Loxicamente está vencellado ao téxtil, no norte, e a automoción, no sur, pero existe máis mundo, porque os dous grandes motores non acadan o sesenta por cento das exportacións globais.
Os destinos principais son Francia, Portugal, Italia e Alemaña, é dicir, Europa Central máis Portugal, aí está o groso das nosas ventas. E aínda que temos grandes conexións culturais con América Latina, e exportamos por máis de 30.000 millóns ao Brasil e á Arxentina, non acadamos os douscentos millóns. Isto pon de manifesto que deberíamos utilizar as fortes conexións que temos coas potencias hispanas de América para mellorar a nosa posición exportadora, é dicir, a nosa posición comercial. Neste sentido temos unha tarefa pendente.