Cargando resultados...
Galicia aumenta as exportacións de mexillón ao sur de Italia
Galicia aumenta as exportacións de mexillón ao sur de Italia
A maior parte do produto sae de Moaña e de Domaio, en total 130 toneladas cada día
G24.gal
27/09/2024 14:28
As primeiras semanas de campaña están a ser frutíferas nos polígonos bateeiros de Moaña e Domaio.
Un momento doce que o sector aproveita para recuperar os ingresos logo dun ano complicado co peche de varios polígonos.
Desde aquí saen cada día cinco camións con mexillón para o estranxeiro, en total 130.000 quilos que viaxan a Francia e sobre todo ao sur de Italia. Aquí a alta temperatura da auga minguou a produción, polo que están a incrementar os pedidos de mexillón galego.
A temperatura das augas galegas, que non se quentaron tanto este verán, favoreceu o molusco, que creceu máis e en maiores cantidades.