Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incerteza entre as empresas galegas exportadoras aos Estados Unidos

Incerteza entre as empresas galegas exportadoras aos Estados Unidos

O sector agroalimentario é un dos máis afectados, sobre todo o do viño e o do aceite

Tamén a industria do metal: a automoción e a aeronáutica temen as consecuencias da política arancelaria de Trump

G24.gal 20/01/2025 14:33

O sector do metal galego observa con preocupación as ameazas da aplicación de novos aranceis. Polo volume de exportacións, as empresas de automoción, as aeroespaciais e os fabricantes de bens de equipo serían os grandes afectados. 

Tamén está expectante outro sector, o do viño, ante os cambios na política arancelaria. Os Estados Unidos é o principal cliente no estranxeiro das adegas da Denominación de Orixe das Rías Baixas, que xa sufriron a suba das taxas no anterior mandato de Trump. 

As exportacións dos produtores de aceite poderían resultar castigadas por un aumento do gravame, que no ano 2018 xa lles fixo perder unha cota importante do mercado norteamericano. 

Desta vez a política arancelaria estadounidense podería recaer sobre novos sectores como o das enerxías renovables e a industria farmacéutica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade