Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren oito residentes no incendio dun fogar de anciáns en Belgrado

Morren oito residentes no incendio dun fogar de anciáns en Belgrado

As autoridades cren que foi intencionado

Un bombeiro traballa no incendio de Belgrado, Serbia (REUTERS/Djordje Kojadinovic) Un bombeiro traballa no incendio de Belgrado, Serbia (REUTERS/Djordje Kojadinovic)
G24.gal 20/01/2025 12:29

Oito persoas que vivían nunha residencia de anciáns en Belgrado morreron e outras sete quedaron feridas no incendio que se declarou no edificio na madrugada do domingo ao luns.

O ministro de Traballo, Emprego e Asuntos Sociais, Nemanja Starovic, adiantou que hai indicios de que o incendio foi provocado, aínda que non deu máis detalles.

Engadiu que o fogar de maiores Ivanovic, onde se desatou o lume, tiña todos os permisos para o traballo e cumpría todos os requisitos antiincendios necesarios.

O fiscal de Belgrado, Nenad Stefanovic, dixo que existen sospeitas de que un dos residentes do fogar provocou o lume, segundo informa a radiotelevisión pública RTS.

O diario Novosti de Belgrado sinalou que a Policía está en busca da persoa que supostamente provocou o incendio, prendendo lume a un colchón sobre as 4:30 e que podería tratarse de alguén con problemas psíquicos.

Os anciáns feridos na residencia, que albergaba 30 persoas, foron trasladados a centros médicos de Belgrado, mentres a Policía está a examinar o lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade