Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump confunde España cun membro dos BRICS e promete impoñer aranceis do 100 %

Trump confunde España cun membro dos BRICS e promete impoñer aranceis do 100 %

O presidente dos EUA critica que a achega de España ao orzamento da OTAN "é moi baixa"

Os BRICS é un espazo internacional alternativo ao G7 que agrupa economías emerxentes e foi fundado polo Brasil, Rusia, A India, A China e Suráfrica

Donald Trump este luns, durante os actos organizados no Capital One Arena, co gallo da súa toma de posesión como o presidente número 47 dos EUA (REUTERS / Brian Snyder)
G24.gal 21/01/2025 08:59

O novo presidente dos EUA, Donald Trump, fixo referencia explícita a España nas súas primeiras horas na Casa Branca advertindo da escasa achega que fai o Goberno español ao orzamento da OTAN.

"Que podemos esperar dos países da OTAN que gastan a menor cantidade de diñeiro, como España?", pregúntalle un reporteiro na Casa Branca. A achega de España "é moi baixa", responde o líder republicano.

Acto seguido, Trump confundiuse e incluíu España no saco dos BRICS, o grupo de países emerxentes que lideran Rusia e A China, que toma o seu nome das iniciais dos socios fundadores (O Brasil, Rusia, A India, A China e Suráfrica) e do que España non forma parte.

"España é unha nación BRICS. Sabes que é unha nación BRICS? Descubriralo", dixo. Cando o xornalista corrixiu a Trump e lle aclarou que España non forma parte dese grupo, o presidente insistiu en que os EUA impoñerán aos países que o integran "un arancel do 100 % aos negocios que fagan cos Estados Unidos".

Trump cesa como asesor presidencial o chef José Andrés

O novo presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, destituíu o cociñeiro español José Andrés, fundador da ONG World Central Kitchen, do posto que tiña como asesor presidencial en deportes, exercicio e nutrición.

"O noso primeiro día na Casa Branca non terminou", dixo Trump ao anunciar a destitución do famoso chef, que ten tamén nacionalidade estadounidense.

O equipo do presidente está revisando case mil designacións do seu antecesor, Joe Biden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade