Soben a 66 os mortos no incendio dun hotel nunha zona de esquí de Turquía
Soben a 66 os mortos no incendio dun hotel nunha zona de esquí de Turquía
O lume comezou sobre a 03:30 hora local (00:30 GMT) nun hotel de 12 plantas, construído en madeira, no centro de esquí de Kartalkaya, a unha altura de 2.200 metros
O hotel, de 161 cuartos, tiña unha ocupación próxima ao 90 %, debido a que estes días son as vacacións escolares de inverno en Turquía
Soben a 66 as persoas que morreron e medio cento quedaron feridas este martes nun incendio nun hotel situado nunha popular zona de esquí nas montañas da provincia de Bolu, a medio camiño entre Ankara e Istambul.
O lume comezou sobre a 03:30 hora local (00:30 GMT) no restaurante do hotel de 12 plantas, construído en madeira, no centro de esquí de Kartalkaya, a unha altura de 2.200 metros. Construído integramente en madeira, as lapas estendéronse rapidamente polo edificio de dez plantas de altura.
O hotel, de 161 cuartos, tiña unha ocupación próxima ao 90 %, debido a que estes días son as vacacións escolares de inverno en Turquía, sinala o diario turco Hürriyet. A construción en madeira e a situación do hotel ao pé dunha pista de esquí, que só permite o acceso de vehículos desde a fachada frontal, dificultan a intervención dos bombeiros, agrega o citado diario. Segundo a cadea NTV, unhas 300 persoas, incluídos os empregados, atopábanse no hotel, e os equipos de rescate temen que nos pisos superiores aínda pode haber persoas atrapadas.