Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia xa ten 224 praias libres de tabaco

Galicia xa ten 224 praias libres de tabaco

Son dez novos areais que están nos concellos de Cabanas, Muros e Oleiros 

Saúde Pública quere para o 2027 baixar  do 15% de adultos fumadores

Praia da Magdalena, en Cabanas, unha das dez incorporadas á iniciativa
G24.gal 11/08/2023 12:09

A Rede Galega de Praias sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, tras a inclusión de 10 máis.

As dez praias que se suman á rede son: A Magdalena, en Cabanas; as de Area Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do Maio e Reimúndez, todas elas en Muros, e as de Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina desaugadoiro do río, no municipio de Oleiros.

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, visitou este venres a praia da Magdalena para informar das novas incorporacións á Rede Galega de Praias sen Fume, segundo explica a Xunta nun comunicado.

Durán lembrou que o programa Praias sen Fume botou a andar no ano 2016, sendo Galicia a primeira comunidade autónoma que puxo en marcha un proxecto deste tipo.

Os seus obxectivos inciden na promoción dunha vida sen tabaco, a desnormalización do seu consumo na sociedade e o respecto e o coidado das praias e do medio ambiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar