Gandeiros galegos reparten leite en Santiago con motivo do Día Mundial do Leite
Gandeiros galegos reparten leite en Santiago con motivo do Día Mundial do Leite
A Asociación Agromuralla celebrou un acto informativo para dar a coñecer o traballo dos gandeiros e reivindicar a calidade do leite galego
Os gandeiros recolleron sinaturas en Santiago para presentar unha iniciativa lexislativa popular en defensa do medio rural
No Día Mundial do Leite gandeiros de Lugo reparten en Santiago leite pasteurizado da súas explotacións.
"É leite muxido onte, leite fresco que aos nenos lles sorprende moitísimo. Moitos pais din que aos nenos non lles gusta o leite, pero cando proban este din que está rico", explica Roberto López, portavoz da Asociación de gandeiros Agromuralla.
Aproveitan este día para coñecer o seu traballo e para lembrar os beneficios que ten leite e a todas as idades.
"Os beneficios a nivel óseo son evidentes a todas as idades, como no caso das mulleres que están na menopausa, e tamén para os nenos".
O día ten a súa parte reivindicativa. Nesta carpa recollen sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular en defensa do medio rural.
“Por desgraza quedamos menos explotacións gandeiras, sobre todo as máis pequenas. Desde a nosa asociación loitamos moito por iso, porque non se perdan, porque son as que fixan poboación no rural”, explica Roberto López, portavoz da Asociación de gandeiros Agromuralla.
"Nós pagamos o leite a 1,19 ou a 1,15 e aos produtores deberían pagarlle algo máis”, explica un consumidor.
Ao longo da xornada seguirán na Alameda de Santiago celebrando cos consumidores o Día Mundial do Leite.