A vivenda, o emprego e os servizos son claves para repoboar o rural
O 80 % da poboación española vive no 20 % do territorio: somos un país urbano que busca reforzar o repoboamento das vilas rurais
Alcaldes, deputados e representantes de distintas organización abordaron as posibilidades que ofrecen estas zonas
Un concello de só 14.000 habitantes ten que facer fronte ao mantemento de 550 quilómetros de vías públicas. É o caso de Tomiño, que, como moitos municipios rurais galegos, afronta a dispersión territorial á que se suman os problemas de cobertura na fronteira. Sandra González, Alcaldesa desta vila, explica que están "unidos a Portugal polo río Miño e ese feito parece que dificulta esa comunicación. Condena a milleiros de persoas a unha desigualdade inadmisible na era dixital".
San Xoán de Río rexeita ser só unha poboación envellecida da provincia de Ourense e avanza distintos proxectos. Queren ser o laboratorio do futuro de Europa. O seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, destaca "a metamorfose do patiño feo, persegue a transformación dunha das nosas aldeas nun espazo fermoso, inclusivo e sostible. Somos candidatos aos premios para areas rurais da Unión Europea en Bauhaus.
Reclaman menos trabas burocráticas para emprender no rural e mesmo apuntan cara a beneficios fiscais. O acceso aos servizos, ás comunicacións, ás oportunidades laborais e á vivenda son as claves para revitalizar o rural. Mesmo apuntan cara a beneficios fiscais.