Goberno e Endesa negocian a posible reactivación da central das Pontes
Goberno e Endesa negocian a posible reactivación da central das Pontes
O obxectivo é reducir a dependencia enerxética de Moscova ante o encarecemento do gas
Habería que facer obras de mantemento e recuperar traballadores desprazados a outros centros
O Ministerio para a Transición e Endesa analiza a posible reactivación da central térmica das Pontes, ante o encarecemento da luz e a escaseza do gas. O obxectivo de reducir a dependencia enerxética de Moscova dálles pulo a centrais que tiñan os días contados, como é o caso desta térmica das Pontes.
Ante este novo escenario ábrense tamén novos interrogantes, como é, por exemplo, que son necesarios investimentos ou durante canto tempo vai poder funcionar de novo.
Goberno e Endesa reuníanse este martes para falar do futuro da térmica. A súa reactivación pasa por facer obras de mantemento e recuperar moitos dos traballadores desprazados a outros centros.
O que tamén se pide é que con este novo escenario non se poñan en risco moitos dos plans de futuro que hai deseñados para As Pontes.
"É positivo sempre e cando non sexa para dous ou tres meses e non estropee outros proxectos que temos nas Pontes, explicou Manuel Bouza, presidente da Asociación de Transportistas de carbón das Pontes.
"Proxectos como aeroxeración, estación de bombeo, porque isto tamén é unha chamada de atención para acelerar todos esese proxectos" dixo Marcos Prieto, membro do comité de empresa Endesa-As Pontes.
En novembro, en plena escalada de prezos da electricidade, a central das Pontes volveu poñerse en marcha. Agora, este sería o seu segundo retorno.
Rueda sobre As Pontes
O presidente galego cre que o Goberno central ten falta de planificación en materia enerxética. Rueda asegura que as rectificacións do executivo xeran inseguridade, e poñen en risgo o emprego e as empresas galegas.