Goberno e oposición coinciden en debater sobre a xestación subrogada
Goberno e oposición coinciden en debater sobre a xestación subrogada
Margarita Robles di que, lembrando que en España é ilegal, hai que respectar as decisións persoais
Ione Belarra asegura que non se pode lexislar en quente
Feijóo di que non se pode mercantilizar calquera tipo de actividade relativa á xestación subrogada
O caso de Ana Obregón está xerando debate entre os políticos. Hoxe pronunciáronse dúas ministras: Margarita Robles di que, lembrando que en España é ilegal, hai que respectar as decisións persoais. Ione Belarra asegura que non se pode lexislar en quente.
Robles lembra que a postura contraria do Goberno sobre a xestación subrogada é clara. En España é unha práctica ilegal. Pero admite que pola transcendencia mediática de Ana Obregón está xerando debate político e tamén xurídico. Nestas circunstancias, a ministra de Defensa asegura que se deben respectar as decisións persoais.
Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais, asegura que o debate sobre a xestación post mortem se debe xestionar con moita calma, evitando a influencia dos protagonistas mediáticos.
Tamén se referiu a este caso o presidente do Partido Popular. Alberto Núñez Feijóo di que non se pode mercantilizar calquera tipo de actividade relativa á xestación subrogada.