Patronal, sindicatos e Goberno tratan de superar diferenzas para pactar a reforma laboral
Patronal, sindicatos e Goberno tratan de superar diferenzas para pactar a reforma laboral
A Mesa de Diálogo Social reuniuse este mércores, logo do acordo sobre pensións do que se descolgaron os empresarios
Goberno, sindicatos e patronal aceleran as negociacións para a reforma laboral porque Bruxelas pide que se aprobe antes de fin de ano.
Esta mesma semana, a CEOE descolgouse do pacto en materia de pensións, pero dende o executivo cren que non vai influír nesta outra mesa. O ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá, non cre "que isto teña un efecto negativo sobre a evolución paralela da reforma laboral".
"O acordo é ben difícil, pero non imposible"
Unai Sordo, secretario xeral de CC. OO., cre que "o desacordo en pensións non vai implicar que a CEOE se levante das mesas" e considera que un acordo en materia de reforma laboral "é ben difícil, pero non é imposible".
A CEOE tamén desvincula a mesa das pensións da reforma laboral, á que asiste, di o seu presidente, Antonio Garamendi, con espírito de acordo a pesar de que non lle gustan moitas das propostas do Goberno.