Cargando resultados...
Gómez Noya exerce de anfitrión da final das Series Mundiais en Pontevedra
Gómez Noya exerce de anfitrión da final das Series Mundiais en Pontevedra
O triatleta ferrolán e Kristian Blummenfelt, xuntos nun evento previo á Final das Series Mundiais: "Será unha das finais máis espectaculares dos últimos anos"
Gómez Noya e Blummenfelt, campión mundial e olímpico, esta tarde en Pontevedra
G24.gal
19/09/2023 21:09
Este venres comeza o espectáculo do triatlon na cidade do Lérez; a final das Series Mundiais. Esta tarde estivemos con Javi Gomez Noya. O pentacampión do mundo non competirá en Pontevedra e será espectador e anfitrión.
O mítimo triatleta ferrolán participou nun dos actos previos a gran cita da fin de semana xunto o actual campión olímpico e campión mundial, Kristian Blummenfelt. O ambiente xa se nota na cidade de Pontevedra. Gómez Noya agarda unha das finais máis espectaculares dos últimos anos porque o ano que vén hai cita olímpica.