Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Gómez Noya anuncia a súa retirada a final de temporada

Javier Gómez Noya anuncia a súa retirada a final de temporada

Aos seus 41 anos, vaise cun gran palmarés no que destaca a prata olímpica lograda en Londres 2012

Tamén cinco Mundiais desa distancia olímpica e catro Europeos

G24.gal 25/09/2024 12:43 Última actualización 25/09/2024 13:02

O triatleta ferrolán anunciou este mércores a través dunha publicación e un vídeo difundido nas súas redes sociais que chegou o momento de despedirse, despois de 26 anos competindo ao máis alto nivel.

Aos seus 41 anos, vaise cun palmarés encomiable no que destaca a prata olímpica lograda en Londres 2012. Tamén cinco Mundiais desa distancia olímpica e catro Europeos. Noutras modalidades, conquistou un Mundial de media distancia e outro de longa, ademais de dúas en ironman 70.3.

Por último, ten outro título do máis alto nivel en Xterra. Todo iso sazonado cunha infinidade de primeiros postos en probas da Copa do Mundo e das Series Mundiais, ademais de podios en Mundiais e Europeos absolutos.

Cun vídeo en inglés, subtitulado ao español e unha mensaxe en ambos os idiomas, elixiu o mellor triatleta galego da historia e un dos principais a nivel nacional despedirse dos milleiros de seguidores que ten por todo o planeta. 

"Moitísimas grazas a todos polo apoio durante todos estes anos. Foi unha viaxe incrible. Estou seguro de que nos seguiremos vendo, xa que seguirei conectado con este deporte tan marabilloso", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade