Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo e David Mella: pasado, presente e futuro no Deportivo

Gonzalo e David Mella: pasado, presente e futuro no Deportivo

David Mella debutou co Deportivo con só 17 anos

Seu pai fíxoo en novembro de 1987

G24.gal 25/05/2023 16:29 Última actualización 25/05/2023 16:32

Estivemos con Gonzalo Mella, o pai de David Mella. Xogou no Deportivo no final dos oitenta. En novembro de 1987, con 20 anos recén cumpridos, Gonzalo Mella fai a súa estrea en Riazor ante o Raio Vallecano. En maio do 2023, 36 anos despois, o seu fillo David Mella, con 17 anos, debuta no primeiro equipo do Deportivo, tamén en Riazor.

Gonzalo só marcou un gol co Deportivo. Foi en xaneiro do ano 90 e ante o Betis. Un gol inesquecible naquel Dépor de Arsenio, en segunda, con Fran ou Jose Ramón.

A carreira de David tamén está sendo meteórica. Brillou no equipo xuvenil que tanto dera que falar na Youth League e coa selección Sub 17 o ano pasado. Na familia teñen clara a folla de ruta a seguir na súa evolución.

"Hai que ter moita paciencia. A formación ten que estar preto da casa".

"Ten moita personalidade".

Gonzalo vive con emoción a irrupción do seu fillo David. Presente e futuro do Deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar