Publicador de contidos
Publicador de contidos

Google celebra o seu 25 aniversario

Google celebra o seu 25 aniversario

O xigante de Internet, agora coñecido coma Alphabet, presta hoxe tantos servizos que se converteu nunha ferramenta practicamente indispensable no día a día

G24.gal 27/09/2023 20:23 Última actualización 27/09/2023 20:31

É unha das grandes revolucións do s. XXI. Os que naceron despois de Google non conciben outro xeito de acceder á información.

"Métodos habería, pero non sería tan directo, seguramente", comenta un mozo. "Buscarían información preguntándolle a xente coñecida, digo eu, non sei", di outro. "Imaxino que tirarían de artigos, de revistas...", engade unha moza.

Atrás quedan as xornadas maratonianas de biblioteca e as enciclopedias que no século XX presidían os estantes dos salóns.

"Tardabas moito máis tempo. Tamén era máis auténtico, quedábache dentro. Máis proveitoso", asegura un home.

Non foi o primeiro buscador, pero rapidamente varreu a competencia coa súa innovadora proposta.

Arno Formella, director de Enxeñería Informática de Ourense: "O famoso algoritmo de Page Rank, no seu momento, axudou a colocar as cousas interesantes arriba nas buscas, e iso foi un gran invento".

Saíu a bolsa en 2004, seis anos despois do seu lanzamento. Logo viñeron os mapas, as ferramentas colaborativas como o Google Drive, o correo electrónico ou o popularísimo Street View.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos