Granada recorrerá ante a Xustiza contra a elección da Coruña como sede AESIA
Granada recorrerá ante a Xustiza contra a elección da Coruña como sede AESIA
O denominado "Pacto por Granada" solicitou oficialmente información sobre as cualificacións e baremos das candidaturas, e ao non obter resposta decidiu emprender accións legais
As institucións e entidades integrantes do denominado "Pacto por Granada" decidiron este venres iniciar accións xudiciais contra o acordo de Goberno que decidiu, a semana pasada, designar a Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
As institucións e entidades integrantes do pacto tomaron esta determinación logo de que non obtivesen resposta sobre as cualificacións e o baremo que levaron a elixir a Coruña, que oficialmente solicitaron ao Gobeno.
O alcalde granadino Francisco Cuenca, do PSOE, destacou a "unidade e fortaleza" desta decisión "sólida e unánime", acordada nun encontro celebrado esta mañá no Carmen del los Mártires xunto á Xunta de Andalucía, a Deputación, a Universidade, o sector empresarial e os sindicatos UGT e CCOO.
"Estamos cargados de razóns para ser moi contundentes nas decisións, na determinación pola defensa de Granada", recalcou o rexedor, quen encabezou este pacto en defensa da candidatura granadina á sede da AESIA.
Pola súa banda, o delegado do Goberno da Xunta en Granada Antonio Granados referiuse á "falta de transparencia e obxectividade" que se deu nun proceso que o Goberno decidiu "abrir a toda España".