Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gromo de casos de covid-19 relacionados co Lugo ascende a 28 contaxios

O gromo de casos de covid-19 relacionados co Lugo ascende a 28 contaxios

Os contaxios detectáronse nun novo cribado realizado este luns pola tarde

G24.gal 19/12/2021 13:31

O gromo de casos de covid-19 relacionados co Lugo ascende a 28 contaxios tras detectarse outros cinco nun novo cribado realizado o luns pasado pola tarde. Son dous xogadores, dous membros do equipo técnico do primeiro equipo e un do filial

O luns realizáronse 29 segundas PCR a persoas en corentena por este brote que deran negativo na primeira proba, das cales se detectaron catro positivos. Ademais, realizáronse 22 PCR iniciais a persoal do equipo filial do Lugo e detectouse un novo positivo por covid-19. Polo tanto, nas 51 PCR realizadas o luns pola tarde, detectáronse cinco positivos relacionados co gromo do equipo lugués, que suma xa 28 contaxiados.

 

 

 

O Lugo confirmara un número de positivos moi elevado no seu equipo. 15 son xogadores, 7 do corpo técnico e 1 en persoal auxiliar. Segundo comunicou o club "as autoridades médicas están aplicando o protocolo sanitario para controlar a situación". 

A Liga determinou a suspensión do partido que tiña que xogar o luns contra o Almería logo de ver a situación sanitaria do equipo lucense e de comprobar que os negativos ían estar confinados ata o propio luns pola tarde cando se lles repetiría unha PCR. Os tempos de execución facían imposible que se xogase o partido. 

APLAZAMIENTO | El encuentro #LugoAlmería de #LaLigaSmartBank que se debía celebrar mañana lunes 20 de diciembre ha sido aplazado por el Comité de Competición de la RFEF debido a la situación sanitaria (COVID-19) que afecta a toda la plantilla y staff técnico del CD Lugo. pic.twitter.com/LZ2AIRZL3c

 

O Almería, que tiña previsto viaxar o mesmo día do partido, aseguraba estar disposto a viaxar cara Lugo o mesmo día do partido, desprazamento que anulou logo do anuncio da Liga. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade