Delegados do Goberno en Galicia reivindican o papel do Estado na comunidade
Delegados do Goberno en Galicia reivindican o papel do Estado na comunidade
Unha homenaxe na Coruña homenaxeou os 12 homes que ocuparon o cargo nos últimos 43 anos
Na Coruña, celebrouse este xoves unha homenaxe aos distintos delegados do Goberno en Galicia. Pedro Blanco, que cumpre un ano no cargo, exerceu como anfitrión dun acto ao que tamén asistiron o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. No encontro, os participantes lembraron as súas experiencias no cargo.
Foi no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía acolleu, nun acto para conmemorar o nomeamento hai un ano de Pedro Blanco como delegado do Goberno, un cargo que ten 43 anos de historia con outros doce homes.
Antes que el, estiveron no posto Domingo García-Sabell, Juan Miguel Diz Guedes, Arsenio Fernández de Mesa, Manuel Ameijeiras, Antón Louro, Miguel Ángel Cortizo, Xosé Manuel Pose, Samuel Juárez, Santiago Villanueva, Javier Losada, José Miñones e José Ramón Gómez Besteiro.
Pedro Blanco proclamou a importancia da institución para que se oia "a voz" da comunidade galega en Madrid.
Unha das cuestións comentadas no acto foi o feito de que o posto de delegado do Goberno só foi desempeñado por homes, nunca por mulleres.
Teresa García-Sabell, filla do primeiro delegado, Domingo García-Sabell, opinou que as mulleres seguen tendo "un teito moi terrible".
Ana Romero, viúva de José Manuel Pose, pediu aos homes, que "son quen ten o poder" que "nomeen a mulleres" porque están "dispostas".
Javier Losada sostivo que cando a poboación tomou "conciencia do que é a Delegación do Goberno" foi durante a pandemia.
Arsenio Fernández de Mesa lembrou o Prestige e incidiu en que "ninguén condenou a España como responsable civil subsidiaria" porque "se cumpriu en todo momento" a normativa.
"Ningún de nós ata o de agora, e toco madeira estivo, entre reixas", chanceou sobre todos os delegados.
Para Santiago Villanueva a clave do posto é apoiar en todo momento ás familias das vítimas e aos corpos e forzas de seguridade do Estado.
José Miñones defendeu que, tras o seu paso por múltiples administracións, a etapa na Delegación do Goberno foi "a máis satisfactoria".
José Ramón Gómez Besteiro incidiu en que notou cando estivo no cargo "a presenza importante do Estado na comunidade autónoma".