Hugo Mallo ficha polo Internacional brasileiro que dirixe Coudet
Hugo Mallo ficha polo Internacional brasileiro que dirixe Coudet
O xogador con máis partidos da historia do Celta en Primeira (309) afronta un novo reto na súa carreira
O Chacho Coudet confirmou na última conferencia de prensa do seu equipo, o Internacional do Brasil, que Hugo Mallo chegará ao club nas vindeiras horas.
"É un xogador que pode actuar como central e como lateral e que coñezo ben da miña etapa no Celta", confirmou o adestrador arxentino. Con Coudet Hugo Mallo foi indiscutible na posición de lateral dereito, pero tamén se desenvolveu nalgún partido no centro da defensa.
Hugo Mallo xogou 449 partidos oficiais coa camisola do Celta, 309 en Primeira División. É o que máis partidos disputou na máxima categoría vestindo a camisola celeste aínda que Iago Aspas está moi preto de chegar ao seu rexistro (ten 306).